AJE LUGO e ABANCA facilitan o crédito aos novos emprendedores

aje lugo e abanca asinan un convenio de colaboración para apoiar os novos proxectos empresariais, que permite adiantar subvencións ou fraccionar o pago de impostos

Os socios da provincia lucense gozarán de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financeira galega

AJE Lugo e ABANCA, veñen de asinar un novo convenio que reforza a súa colaboración e permite facilitar o crédito aos emprendedores máis novos de Lugo.

O convenio facilita que os novos emprendedores asociados accedan a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. O convenio tamén responde á demanda de ofrecer préstamos para o pago de impostos e seguros sociais, así como o anticipo de impostos ou subvencións. O documento asinado tamén pon a disposición dos empresarios a comercialización de produtos específicos da entidade como Crediventa ou compras especiais (a través das tarxetas de crédito) para dinamizar a actividade mercantil.

Os profesionais pertencentes á Asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento de Terminais no Punto de Venda (TPV) e poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

ABANCA tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica. Desta maneira, dende as oficinas de ABANCA facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio asinado coa Deputación de Lugo, así como outros convenio do ICO, Igape e SGR.