Xove Empresario Emprende

Se es emprendedor e acabas de fundar a túa empresa ou estás pensando en facelo, non podes perderte o curso “Xove Empresario Emprende” que se celebrará do 14 ao 30 de outubro no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, Viveiro de empresas da Fundación CEL.


OBXECTIVOS

As 5 Ajes galegas como integrantes da Unidade Galicia Emprende (UGE) conforman un ecosistema fundamental para acoller as demandas dos emprendedores galegos e asesorarlles de cara a iniciar os seus proxectos emprendedores. Para isto é fundamental ofertar unha formación básica nos aspectos empresariais necesarios para constituír unha pyme. Os obxectivos fundamentais e destrezas que os emprendedores deben adquirir con esta formación son:

– Definir que é ser emprendedor.
– Coñecer o mercado ao que se enfrontan.
– Realizar un correcto plan de negocio.
– Dominar as cuestións financeiras básicas para a empresa.
– Saber cáles son as obrigacións fiscais e laborais.
– Aplicar nocións básicas de marketing e comunicación empresarial.
– Coñecer a organización empresarial e as diferentes formas xurídicas.


PERFIL DOS DESTINATARIOS

Os destinatarios de esta formación son emprendedores en xeral ou persoas con vocación emprendedora que se atopan na fase inicial do seu proxecto e que necesitan formarse en aspectos fundamentais do mundo empresarial útiles para dotar de viabilidade aos seus proxectos.


BLOQUES TEMÁTICOS

Esta formación básica para emprendedores estructúrase nunha serie de bloques temáticos que desenrolan aspectos empresariais básicos e necesarios para materializar proxectos ou ideas e para lanzarse ao mundo emprendedor. As áreas temáticas a tratar son as seguientes.

1. Plan de empresa
2. Marketing e comunicación para emprendedores I e II
3. Finanzas para non financeiros I e II
4. Obrigas fiscais e laborais


HORARIO E LUGAR

OUTUBRO

O curso Xove Empresario Emprende realizarase integramente na sede de AJE Lugo no Palacio de Feiras e Congresos, Viveiro de Empresas da Fundación CEL.

 


INSCRICIÓNS

Para inscribirte so necesitas reenviar cuberta a ficha de inscrición a info@ajelugo.com ou porte en contacto con nos no 982 224 699.

Prazas limitadas a 25 alumnos por rigoroso orde de inscrición.


 


Comments are Closed