V Premio Xove Empresario de Lugo

AJE Lugo no seu compromiso coa promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización da peme organiza este ano a V Edición do Premio Xove Empresario de Lugo.

O seu obxectivo é premiar o labor daqueles emprendedores e novos empresarios que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e xerar emprego na nosa Provincia.

Estaríamos encantados de que asistise ao evento e ao posterior cocktail que terá lugar o día 27 de abril no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) ás 20.30h.

Prégase confirmación de asistencia a través do teléfono 982 224 699 ou na seguinte dirección de correo electrónico: info@ajelugo.com
 
Bases e formulario de inscrición en http://www.ajelugo.com/premios/


Comments are Closed