21 November 2008
ACCESO PRIVADO
Usuario:

Contraseña:

INICIO
ASOCIACIÓN
- Aje
- Estatutos
- Organización
- Cuotas
- Convenios
- Asóciate
ASOCIADOS
- Lista de socios
- Ofertas para socios
ACTIVIDADES
AYUDA AL EMPRENDEDOR
CONTACTO
ENLACES
NOTICIAS
NOTA LEGAL

O CONCELLO DE LUGO PON EN MARCHA UN PLAN PARA AS PEMES


A Concellería de Economía e Emprego que dirixe Sonia Méndez, sensible ás demandas da pequenas e medianas empresas pon en marcha un Plan de Mellora da Competitividade das PEMES. Trátase dunha nova aposta desta Concellería, polo emprendemento, o comercio e a pequena empresa lucense. Ante unha situación de crise que afecta sobre todo aos sectores menos fortes, Sonia Méndez, presentou un Plan que recolle un investimento municipal de 60.000 euros e propostas formativas que buscan a diferenciación e o destacamento das pemes lucenses nun mercado totalmente globalizado.Sonia Méndez, suliñou que para o Concello este Plan supón un esforzo económico importante nun momento como o que estamos a vivir, pero “a aposta do Concello de Lugo polo empresariado da cidade dixemos sempre que é total, e cando as circunstancias o esixen aí estamos. Como di o Alcalde, nunca choveu que non escampara, e nos momentos complexos, coma este de crise económica é cando a administración máis cercana ten que estar cos seus veciños e veciñas”.A Concelleira explicou que agora é o momento de que as pemes lucenses resistan o embate da crise, e para iso o Concello porá á súa disposición todo o que estea nas súas mans:“Contan co CEI, co NODUS e co Espazo Lab, aberto á cidadanía, contan cos técnicos de desenvolvemento local e co noso compromiso de colaboración”.Sonia Méndez explicou que este Plan de Mellora da Competitividade das pemes, inclúe programas destinados a mellorar a rendibilidade empresarial, e son de acceso libre e gratuíto para todas as empresas que o soliciten. As empresas interesadas deberán dirixirse ao CEI antes do 31 de decembro para solicitar a súa inscripción.Son programas personalizados, feitos a medida tendo en conta as necesidades de cada empresa, e están destinados a cubrir as carencias máis importantes das pequenas e medianas empresas, como son a escasa implantación das TICs, a falta de innovación e as dificultades de financiamento.A responsable de Economía e Emprego destacou as liñas que seguirá este Plan municipal:1) Programa de dinamización tecnolóxica, en colaboración coa aula TIC pemes da Universidade de Santiago de CompostelaHaberá 12 dinamizadores tecnolóxicos da USC que axudarán ás empresas lucenses a implantar ferramentas de xestión do coñecemento de software libre. Desenvolverán proxectos sobre plataformas web de código aberto e realizarán na propia empresa unha diagnose e sesións de demostración das distintas ferramentas. Ademais transmitirán ao empresario as vantaxes das aplicacións para mellorar a súa xestión: intranets, portales web, relacións con clientes, etc. 2) Programa de xestión financeiraPor segundo ano consecutivo, os expertos da Escola de Organización Industrial desenvolverán un programa á medida de cada empresa participante para axudarlles en temas tan importantes e de tanta necesidade hoxe en día como a elaboración dun plan estratéxico para mellorar a situación económica da empresa.3) Programa de innovación empresarialGrazas a este programa as pemes lucenses coñecerán as axudas económicas procedentes da Unión Europea para a innovación e a I+D e poderán aproveitarse delas. En moitos casos existe descoñecemento sobre como acceder a esta financiación da innovación. A Fundación Innovapyme ofrecerá esta asistencia desde o CEI.4) Incentivos para a contratación de persoas com discapacidadeEste é outro dos aspectos dos que tampouco existe moita información. O Concello de Lugo proporciona axudas económicas ás empresas para formar as persoas con discapacidade e para a adaptabilidade do posto de traballo. O Concello de Lugo investirá 60.000 euros -10 millóns das antigas pesetas-, nestes programas e está prevista a participación de máis de 60 empresas da cidade.Sonia Méndez tamén lembrou que as empresas lucenses teñen á súa disposición as instalacións do CEI-Nodus, o Espazo Lab e tamén aos técnicos que os informarán e asistirán á hora de solicitar axudas económicas.O CEI ademais abre as portas aos máis novos. O fomento do emprendemento e as novas ideas de negocio foi a idea orixinal coa que naceu este complexo empresarial, e este ano preto de 250 mozos e mozas de todos os institutos de secundaria e formación profesional da cidade pasaron polo CEI dentro do Programa Aula Emprendedora, para coñecer as bases do emprendemento e do mundo empresarial desde novos. Ademais, estase a tramitar a entrada de novos proxectos no viveiro para continuar co seu apoio ao emprendemento e á creación de empresas de base tecnolóxica.

cooperación



informacion


Rede de Técnicos de Emprego de Galicia

O CONCELLO DE LUGO PON EN MARCHA UN PLAN PARA AS PEMES


A Concellería de Economía e Emprego que dirixe Sonia Méndez, sensible ás demandas da pequenas e medianas empresas pon en ...


MODIFICACIÓN REGLAMENTO IMPUESTO DE SOCIEDADES


Real Decreto 1793/2008, de 3 de noviembre, por el que se modifica el Reglamento del Impuesto sobre Sociedades, aprobado por ...


FESTAS LOCAIS EN GALICIA NO ANO 2009


Resolución do 7 de novembro de 2008, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás ...


SUBVENCIÓNS: APOIO E ACOMPAÑAMENTO A FORMACIÓN


Orde do 6 de novembro de 2008 pola que se aproba a convocatoria para a concesión de subvencións públicas destinadas ...


SUBVENCIÓNS: APOIO TECIDO EMPRESARIAL-INLUDES


O BOP nº 256  do xoves, 6 de novembro de 2008, publica as bases das axudas de APOIO AO TECIDO ...


Ver Todas