
A Responsabilidade Social Empresarial é un factor de competitividade que contribúe á mellora da imaxe e reputación da túa empresa, incrementando a produtividade, e a eficiencia e posibilitando a detección de riscos futuros, ademais de reducir custos.
Seguro que na súa empresa xa se están a aplicar medidas de RSC, pero ¿sábeno os seus clientes, provedores, o persoal e, en xeral, a sociedade?
É moi importante transmitir aos axentes relevantes para o seu negocio cal é o valor das súas actividades ¿E CÓMO FACELO? a través dun instrumento que é a MEMORIA DE SOSTENIBILIDADE.
Pois ben, conscientes da relevancia deste tema para as empresas, a Fundación CEL, en colaboración con AJE LUGO, está a solicitar unha subvención ao Ministerio de Industria para o desenvolvemento dun proxecto chamado “EMPRENDE-RSC" , dirixido ao fomento da implantación da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) entre emprendedores e novos empresarios, concretamente para a elaboración de memorias de sostenibilidade nas pemes, requisito que puntúa, asemade, á hora de acudir a concursos públicos, por exemplo.
Sabemos que en momentos como os presentes, toda axuda é importante , polo que invitámolo a participar no proxecto. Para iso deberá cubrir o documento que se achega e remitilo a AJE LUGO (modo de recepción dos modelos) antes do próximo 30 de abril.
Non deixes pasar esta oportunidade, o número de empresas é limitado.A participación no proxecto non conleva aportación económica de ningún tipo, e o tempo adicado pola súa empresa ó mesmo será , como máximo, e según o caso, de unha hora.
Se desexas inscribirte, non o dubides, e ponte en contacto coa AJE no 982 22 46 99 ou en info@ajelugo.com
