AXUDAS PLAN URBAN CONCELLO DE LUGO
El BOP nº 69 del jueves 26 de marzo publica las BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DE AXUDAS A EMPRESAS DA ZONA URBAN PARA A INSTALACIÓN DE TERRAZAS, RÓTULOS E MELLORA DE FACHADAS del Concello de Lugo, enmarcadas dentro del Plan Urban para locales afectados por el PEPRI.
A continuación resumimos las citadas BASES:
1. OBXECTO DA CONVOCATORIA
Con esta convocatoria de axudas preténdese incidir sobre algúns aspectos que condicionan en gran medida a paisaxe urbana das rúas máis comerciais do centro histórico, concedendo financiamento a fondo perdido para a adquisición do mobiliario que se instale nas terrazas de hostalería, a instalación ou cambio de rótulos e toldos de locais de negocio e a remodelación da fachada.
2. EMPRESAS BENEFICIARIAS
Poden solicitar esta liña de axudas as pemes (empresa que se axuste á definición de peme da Recomendación da Comisión 2003/361/CE, de 6 de maio de 2003, DOL 124, 20-05-2003) que desenvolvan a súa actividade nun local da zona URBAN (área PEPRI).
Están excluídos:
- As empresas de sectores excluídos da normativa mínimis.
- As empresas que incorran nalgunha das prohibicións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións.
- Os locais nos que se desenvolva unha actividade non prevista na normativa urbanística vixente para esa localización.
5. IMPORTE DA AXUDA
A axuda será do 50% do total de gastos considerados a fondo perdido no caso de microempresas e pequenas empresas, e do 40% no caso de medianas empresas, cos seguintes límites por cada tipo de actuación:
a) Mobiliario de terrazas: Importe máximo de axuda: 8.000 euros.
B) Rótulos e toldos de fachada: Importe máximo de axuda: 4.000 euros.
C) Fachadas: importe máximo de axuda por m2 de fachada tratada: 150 euros. Para estes efectos utlizarase a dimensión do plano de fachada medido no alzado, sen considerar as superficies xeradas por retranqueos.
Cada empresa beneficiaria pode recibir unha axuda máxima para un local de 10.000 euros.
En virtude dos límites impostos pola normativa minimis, a axuda recibida non pode facer que o importe total de axudas deste tipo recibidas durante un período de tres anos sexa superior ao límite de 200.000 euros, excepto as axudas ás empresas que operan no sector transporte nas que este límite será de 100.000 euros.
7. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse no modelo normalizado do anexo I dispoñible no Rexistro Xeral do Concello de Lugo, ronda da Muralla nº 197, en horario das 9 ás 14 horas (de luns a venres). Presentarase cuberto en todos os seus termos no mesmo lugar ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992 desde o día seguinte da publicación no BOP ata o 2 de outubro de 2009 e sempre antes do inicio das obras obxecto de axuda.
Adjuntamos tríptico informativo de las citadas ayudas.
Volver