
A Federación Galega de Xoves Empresarios-FEGAXE inaugura neste mes o I CICLO XANTARES-COLOQUIO que contará como invitados os candidatos á Presidencia da Xunta de Galicia dos partidos políticos con representación no parlamento galego.
O vindeiro 16 de febreiro iniciarase este ciclo co Xantar – Coloquio co candidato do BNG á Presidencia da Xunta de Galicia, D. Anxo Quintana González.
Seguindo este ciclo, o día 18 de febreiro, celebrarase o Xantar – Coloquio co candidato do PP de Galicia á Presidencia da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijoo. Ambolos actos terán lugar na cidade de Santiago de Compostela, no Hotel “Los Abetos” ás 14.30 horas.
Dita actividade, trátase dunha cita de suma importancia posto que os xoves empresarios terán a oportunidades de coñecer de primeira man as medidas que planteas cada un dos partidos políticos, cara á próxima legislatura, para paliar os efectos da crise, en aspectos como apoio ás empresas, reformas fiscais, fomento da internacionalización, facilidades de acceso ás axudas públicas, en definitiva aqueles aspectos da súa política económica que afecten ó xoven empresario galego. Neste acto os asistentes terán oportunidade de formular as preguntas que desexen no posterior coloquio á intervención do candidato.
Inscripcións e custo Cada un dos Xantares – Coloquio terá un custo de: 28 euros /persoa (Asociados AJE ) e de 35 euros/persoa (Non Asociado AJE
Para confirmar a reserva é obrigatorio realizar o correspondente ingreso na conta bancaria: CAIXA GALICIA: 2091 0012 18 3040035495, indicando en Concepto o Nome e Apelidos dos asistentes e o xantar o que acudirán, remitindo o xustificante de pago ó email: info@fegaxe.com ou ó fax: 981 91 57 16 Prazo límite: xoves día 12 de febreiro ás 14.00 horas. Aforo limitado.
Para unha maior información contacten no: 981 91 56 35
