SUBVENCIÓNS: APOIO TECIDO EMPRESARIAL-INLUDES
O BOP nº 256 do xoves, 6 de novembro de 2008, publica as bases das axudas de APOIO AO TECIDO EMPRESARIAL convocadas polo INLUDES, que te achegamos neste resume:
INLUDES:
Obxecto:
Subvencións para o acceso á sociedade da información e para consolidación e mellora do tecido empresarial así como as axudas para os gastos de actividade das empresas lucenses.
Beneficiarias:
Empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que cumpran as condicións requeridas nas bases, e domicilio social, fiscal e centro de traballo na provincia de Lugo.
Liñas de axuda:
1.- SUBVENCIÓN PARA O ACCESO Á SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN. Accións conducentes á inserción a niveis básicos na sociedade da Información das empresas beneficiarias a través da compra de equipamentos e á presenza dos beneficiarios en Internet cara a promoción, apoio e modernización das áreas de actividade económica da Provincia de Lugo (software de xestión empresarial, rexistradoras, TPV, páxinas web, dominios, etc)
-Ata un 35% do investimento subvencionable (máximo de 3000 euros).
2.-SUBVENCIÓN PARA CONSOLIDCIÓN E MODERNIZACIÓN DO TECIDO EMPRESARIAL. Accións que supoñan o fortalecemento do tecido empresarial cara a modernización e promoción da actividade económica na provincia de Lugo. Obras, instalacións que supoñan innovación ou reformas, adquisición de mobiliario relacionado coa actividade empresarial, rotulación, deseño de campañas publicitarias etc.
-Ata 35% do investimento subvencionable con máximo de 12000 euros.
3.-AXUDA PARA GASTOS DE ACTIVIDADE. Empresas con alomenos un ano de actividade e que non superen a renda neta no exercicio 2007 o IPREM (6998,80 euros).
-Ata 20% en función de criterios en concurrencia competitiva sinalados nas bases e cun máximo de 2000 euros/empresa.
Prazo:
-Ata o 21 de novembro.
Volver