
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, José Francisco Real, entregaron os premios aos establecementos ganadores do IV Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo.
López Orozco destacou a importancia de dar a coñecer a “extraordinaria hostalería lucense, cada día é máis certo que, para comer, Lugo”. Animou a todos os hostaleiros e hostaleiras a seguir adiante “neste camiño, o voso traballo é exemplo de mellora constante. Temos uns produtos de primeira e unhas mans que fan un excelente traballo, o resultado non pode ser mellor.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Cncepción Burgo aproveitou ademais para destacar que “cunha hostalería de primeiro nivel, é moi sinxelo que as cousas saian ben”.
Na modalidade creativa, o primeiro premio foi para a empresa asociada a AJE Lugo, "Cervecería LA ESTRELLA" con Porco Celta: Imaxinando un cocido.
Desde AJE Lugo queremos felicitar a "Cervecería LA ESTRELLA" e a seu xerente, Gustavo Díaz Rey por ese galardón que o acredita no desempeño diario da súa laboura profesional.
