DA IDEA AO PROXECTO ( Xoven Empresario Emprende)

Se eres emprendedor e acabas de fundar a túa empresa ou estás pensando en facelo, non podes perderte as xornadas formativas “Da Idea ao Proxecto” do programa XOVEN EMPRESARIO EMPRENDE que se celebrarán do 17 de novembro ao 15 de decembro no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, Viveiro de empresas da Fundación CEL.

OBXECTIVOS

As 5 Ajes galegas como integrantes da Unidade Galicia Emprende (UGE) conforman un ecosistema fundamental para acoller as demandas dos emprendedores galegos e asesorarlles de cara a iniciar os seus proxectos emprendedores. Para isto é fundamental ofertar unha formación básica nos aspectos empresariais necesarios para constituír unha pyme. Os obxectivos fundamentais e destrezas que os emprendedores deben adquirir con esta formación son:

– Definir que é ser emprendedor.
– Coñecer o mercado ao que se enfrontan.
– Realizar un correcto plan de negocio.
– Dominar as cuestións financeiras básicas para a empresa.
– Saber cáles son as obrigacións fiscais e laborais.
– Aplicar nocións básicas de marketing e comunicación empresarial.
– Coñecer a organización empresarial e as diferentes formas xurídicas.


PERFIL DOS DESTINATARIOS

Os destinatarios de esta formación son emprendedores en xeral ou persoas con vocación emprendedora que se atopan na fase inicial do seu proxecto e que necesitan formarse en aspectos fundamentais do mundo empresarial útiles para dotar de viabilidade aos seus proxectos.


BLOQUES TEMÁTICOS

Esta formación básica para emprendedores estructúrase nunha serie de bloques temáticos que desenrolan aspectos empresariais básicos e necesarios para materializar proxectos ou ideas e para lanzarse ao mundo emprendedor. As áreas temáticas a tratar son as seguientes.

1. A túa idea empresarial nunha folla. Método CANVAS
2. Analiza o teu mercado e a túa competencia.
3. Formas xurídicas da empresa.
4. Obrigas fiscais e laborais do emprendedor.

5. Como vender a túa empresa ante clientes e inversores.

6. Cooperación empresarial. Ganar, ganar. Consorcios.

7. Revisión e actualización do método CANVAS. Networking fina.

 

 

 


HORARIO E LUGAR

calendario

O curso Xove Empresario Emprende realizarase integramente na sede de AJE Lugo no Palacio de Feiras e Congresos, Viveiro de Empresas da Fundación CEL.

 


INSCRICIÓNS

Para inscribirte so necesitas reenviar cuberta a ficha de inscrición a info@ajelugo.com ou contacta con nos no 982 224 699.

Prazas limitadas a 25 alumnos por rigoroso orde de inscrición.

One Comment to DA IDEA AO PROXECTO ( Xoven Empresario Emprende)

  1. […] Da Idea ao Proxecto – Formas jurídicas de la empresa: Martes 24 noviembre de 16:00 a 20.00 en AJE Lugo, Viveiro de Empresas, Pazo de Feiras E Congresos de Lugo, El Palomar s/n. Workshop sobre Formas Juridicas de la Empresa  dentro del programa Xove Empresario Emprende, organizado por AJE Galicia y financiado por IGAPE.  Ponente: Abel Barredo […]